10 de enero de 2011

CAMPEONES DE LA COPA GALICIA 2010

Crónica de la pasada COPA DE GALICIA 2010 de que ganó el Octavio Pilotes Posada, y en donde jugaron los juveniles Germán y Bruno...

Foto: FGBM
O Academia Octavio proclamouse hoxe campión da Copa Galicia 2010, tras derrotar na final ao Frigoríficos do Morrazo (31-33), nun apertado partido no que houbo moitas variantes no marcador. Este é o segundo título que consigue co conxunto vigués desta competición (iguala ao Teucro), mentres que o Frigoríficos chegaba por vez primeira á final. Na terceira posición clasificouse o Paraxe Construccións Chapela, que gañou ao Teucro no partido de consolación (35-37 na prórroga).
O conxunto dirixido por Quique Domínguez comezou mandando no marcador, pero sempre con distancias moi curtas que non permitían un respiro. Así chegaron ata o minuto 14, no que por vez primeira, o conxunto do Morrazo se puso por diante (8-7) e aproveitou uns bos contraataques para aumentar a distancia ata tres goles (10-7), despois dun parcial de 4-0 a favor do Frigoríficos. Pero os vigueses non estaban dispostos a ver como se lles escapaba este título e conseguiron reducir as distancias ata poñerse por diante no marcador no descanso (14-15).
Tralo paso polos vestiarios, o Frigoríficos volveu sair enchufado e logrou poñerse por diante no marcador (16-17, 17-16), pero só foron uns minutos, xa que enseguida o Octavio púsose por diante, incluso con cómodas vantaxes de catro goles e xa non cedeu ata o final. Eso sí, a falta de tres minutos para o final, o conxunto de Pillo logrou poñer un pouco de emoción, ao situarse a so un gol de distancia, pero Pablo Cacheda resolveu un par de accións e rematou a tensión. Título para o Academia Octavio, en segunda posición o Frigoríficos e en terceira posición o Chapela, que gañou no partido de consolación ao Teucro (35-37, na prórroga tralo empate a 31 goles).
 
FRIGORÍFICOS DO MORRAZO CANGAS, 31:Kevin López, Marko Lasiça (6, 3p.), Serafín Pousada (5), Adrián Rosales, Pablo Sánchez (2), Marko Karleusa (1), Fernando Eijo (5)  -sete inicial- Javi Santana (ps), David García (2), Suso Soliño (3, 1p.), Tihomir Doder (4), Rubén Soliño, Pumar (3).
PILOTES POSADA OCTAVIO, 33:
Xavi Díaz, Edu Moledo (5), Pavol Polakovic (7, 1p.), Juanjo Ruesga (1), Víctor Frade (2), Fran González (1), Fernando Martínez ‘Nando’ (3) –siete inicial- Bruno (ps), Pablo Cacheda (6, 1p.), Dani Cerqueira, José Ángel Fernández Sedano ‘Cerillo’ (3, 1p.), Totti Mikalauskas (2), Miro Barisic (3, 1p.), Germán.
 

PARCIAIS: 2-3, 5-5, 8-7, 11-9, 13-11, 14-15 (descanso); 17-16, 18-20, 21-24, 23-27, 28-30, 31-33.
ÁRBITROS: Vanessa Pérez e Marcos Pérez. Excluíron polo Cangas a Lasiça, Pablo Sánchez (2), Karleusa, Eijo, Doder e Adrián Rosales,  e polo Octavio a Polakovic e Dani Cerqueira.
 

INCIDENCIAS: Final da Copa Galicia 2010 disputada no pavillón de Chapela, con moi boa entrada. Asistiron ao choque o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o concelleiro de Deportes do Redondela, Carlos González; o concelleiro de Cultura de Redondela, Eduardo Reguera; o xefe provincial de Deportes de Pontevedra, Daniel Benavides e o presidente da Federación Galega de Balonmán, José Luis Pérez Ouro. O capitán do Academia Octavio, Pablo Macías, recolleu a copa de gañador de máns do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

No hay comentarios:

Publicar un comentario